Os Premios Cátedra MN de Emprendemento Tecnolóxico na categoría “TFG” outorgaranse ao estudantado que cumpra estes requisitos:
- Estar matriculado no curso 2019/2020 no Traballo Fin de Grao nunha titulación da rama de Enxeñaría.
- Realizar un traballo nas áreas tecnolóxicas de interese da cátedra:
- Automatización e robótica de procesos
- Identificación biométrica
- Enxeñería lingüística e interfaces de voz
- Técnicas avanzadas de intelixencia artificial
- Xestión avanzada e masiva de datos (Big Data)
- Defender o TFG antes do 31 de xullo de 2020
Contía dos premios
Entregaranse un total de 3 premios para Traballos Fin de Grao repartidos da seguinte forma:
- 1º Premio: 600 euros
- Dous accésit: 200 euros
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 24 de xullo de 2020.
As persoas solicitantes deberán acceder ao formulario en liña e seguir as indicacións.