Os Premios Cátedra MN ao Desenvolvemento de Proxectos Tecnolóxicos 2020/2021 buscan premiar o desenvolvemento de probas de concepto en temas de interese da empresa MN Program que estimulen a capacitación, especialización e actualización de competencias de membros e recén regresados da comunidade universitaria.

Quen pode participar?

Os galardóns están dirixidos aos seguintes perfiles:

  • Alumnado matriculado na Universidade de Vigo no curso 2020/2021 nas titulacións da rama de Enxeñaría.
  • Persoas egresadas no curso 2018/2019 ou posteriores na UVigo nas titulacións anteriores.
  • Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de tres persoas, das que unha delas figurará como coordinador/a do equipo.

Que buscamos?

Os Premios Cátedra MN están enfocados a proxectos relacionados con algunha destas dúas temáticas:

  • Desenvolvemento de chatbot por voz, para verificación de información persoal (por exemplo direccións de correos electrónicos) obtida mediante programas rastreadores (“crawlers”).
  • Desenvolvemento dunha app (Android e IOS) de recoñecemento multibiométrico (voz, faciana, pegada, etc.), aplicado ás actividades empresariais, en particular ao control do horario laboral.
  • Os sistemas desenvoltos deberán poder ser distribuídos con licencia de código aberto tipo GNU – General Public License.

Fases de desenvolvemento

  1. Adxudicación inicial do 25% da dotación económica en base á memoria do proxecto e a entrevista persoal.
  2. Asistencia a actividades de formación/seguimento realizadas en colaboración coa Cátedra MN, a empresa MN Program e Gradiant.
  3. 75% restante ao finalizar o proxecto con data límite 31 de xullo de 2021 e previa comprobación de:

✔ Entrega da memoria do proxecto.

✔ Software aloxado en repositorio tipo GitHub.

✔ Informe favorable das/dos mentores.

Que ofrecemos?

Outorgaranse entre 2 e 4 premios: mínimo de 1 premio por temática e máximo de 2 premios por temática.

Non perdas esta gran oportunidade. Inscríbete xa!

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata as 23.59 h. (hora peninsular) do 20 de novembro de 2020 (inclusive). As persoas solicitantes deberán acceder ao formulario en liña e aportar a documentación requerida.

*Ampliación de prazo: 4 de decembro de 2020 (inclusive).

Consulta a convocatoria completa

Resumo da convocatoria

Vídeo-presentacións dos premios

Xornada presentación dos premios
Listaxe definitiva de premios