Informe sobre a oferta de financiación dixital das grandes plataformas tecnolóxicas

Este documento presenta o traballo de recopilación de información e análise sobre a oferta de financiación dixital das grandes plataformas tecnolóxicas, tanto económica como técnica.

En el expóñense as conclusións alcanzadas tanto sobre os recursos técnicos ofertados polas principais entidades do sector en canto a coste, flexibilidade e dispoñibilidade, así como os servizos de apoio e programas de financiación e recursos para proxectos emerxentes e pequenas e medianas empresas, coa finalidade de aclarar as posibles primeiras dúbidas que un potencial cliente, particularmente estudiantes e recén egresados, poidan ter á hora de poñer en marcha os seus proxectos.

Como se poderá ver no corpo do documento, esta decisión está lonxe de ser trivial. As ofertas de cada unha das entidades estudiadas solucionan, en termos xerais, os mesmos problemas, pero desde enfoques diferentes, con multitude de matices e en diferentes niveis. É por isto polo que á hora de decidir quen será o proveedor dos servizos na nube do proxecto ou empresa, especialmente si se necesita ou si se está interesado nun programa de apoio, haberá que ter en conta un espectro moi amplo de variables para asegurarse que todas as necesidades quedan cubertas.

AUTOR: Alfredo González González

Ver o informe completo