Este documento presenta o traballo de recopilación de información e análise sobre a oferta de financiación dixital das grandes plataformas tecnolóxicas, tanto económica como técnica.

En el expóñense as conclusións alcanzadas tanto sobre os recursos técnicos ofertados polas principais entidades do sector en canto a custo, flexibilidade e dispoñibilidade, así como os servizos de apoio e programas de financiación e recursos para proxectos emerxentes e pequenas e medianas empresas, coa finalidade de aclarar as posibles primeiras dúbidas que un potencial cliente, particularmente estudiantes e recén egresados, poidan ter á hora de poñer en marcha os seus proxectos.

Como se poderá ver no corpo do documento, esta decisión está lonxe de ser trivial. As ofertas de cada unha das entidades estudiadas solucionan, en termos xerais, os mesmos problemas, pero desde enfoques diferentes, con multitude de matices e en diferentes niveis. É por isto polo que á hora de decidir quen será o proveedor dos servizos na nube do proxecto ou empresa, especialmente si se necesita ou si se está interesado nun programa de apoio, haberá que ter en conta un espectro moi amplo de variables para asegurarse que todas as necesidades quedan cubertas.

Introdución

Vivimos nun mundo no que o peso da tecnoloxía para o desenvolvemento de calquera actividade empresarial ou comercial aumenta a ritmos vertixinosos. Unha das tecnoloxías máis disruptivas neste campo foi Internet e o desenvolvemento dos servizos na nube. A capacidade non só de xerar produtos e servizos de fácil acceso, senón de dispoñer de ferramentas de desenvolvemento e xestión que axilizan a realización de todas as tarefas da empresa converteuse en crucial para o desempeño da actividade comercial de toda entidade.

Unha das maiores complicacións que se presentaban na orixe destas tecnoloxías para as entidades interesadas no seu uso era a necesidade do desenvolvemento propio de ditas ferramentas, o que supoñía un factor limitante na súa utilización masiva, particularmente no contexto dunha PEME ou das etapas máis temperás dunha startup.

Non obstante, grandes xigantes tecnolóxicos como Amazon, Google o Microsoft por mencionar algúns, puxeron servizos tanto de usuario final como de desenvolvemento de aplicacións cloud que teñen facilitado o acceso a ditas tecnoloxías a entidades que doutra forma non poderían nin plantexarso.

Como se indicaba ó comezo, este capital tecnolóxico ten un peso cada vez maior, e é por iso que neste informe estudamos as diferentes opcións entre os principais proveedores, coa seguinte metodoloxía:

  • Por un lado contactouse por canles comerciais cos tres maiores proveedores de servizos na nube do mercado, coa finalidade tanto de recompilar información técnica como de coñecer a experiencia de usuario á hora de adquirir os seus servizos, e por outro tense analizado, filtrado e resumido aquelas partes da información pública que existe nas súas páxinas web para poder facer unha presentación simplificada dos datos máis relevantes á hora de decidirse por un proveedor.

Definida a obtención de información, vaise dividir en dous bloques. O primeiro será sobre a oferta de cada proveedor, como expoñen a información de cara o usuario, os recursos que poñen á súa disposición máis alá dos puramente técnicos, así como programas de apoio a startups e proxectos. No segundo estudaranse catro casos específicos de servizos provistos: máquinas virtuais, almacenamento, ferramentas para xestión e análise de big data e ofimática colaborativa e xestión de equipos. Elixíronse estes campos por ser aqueles nos que os proveedores de servizos na nube supuxeron unha maior disrupción no panorama tecnolóxico e empresarial.

Os proveedores a estudar son Google, Amazon e Microsoft pola súa relevancia no mercado. De ser viable extenderase para contemplar máis casos, pero con este filtrado inicial podemos obter conclusións que se adecúen a unha ampla maioría dos usuarios mentras se mantée a extensión do informe contida para comodidade do lector.

Como se indicou previamente, o obxectivo deste informe é o de crear un mapa cos primeiros pasos e os camiños dispoñibles para unha startup no marco dos servizos cloud. Posto que como cátedra formamos parte dun centro educativo no que se lle da un peso importante aos proxectos grupais, culminando na sinatura de cuarto de Laboratorio de Proxectos, daraselle máis peso a aquela información que sexa especialmente relevante para grupos pequenos e en etapas moi temperás de maduración.

Na realidade particular das startups, especialmente en instancias temperás da súa creación e desenvolvemento existe unha limitación de recursos tanto económicos como humanos, polo que a existencia de facilidades de adaptación, custo e implementación serán en moitos casos un dos factores de decisión con maior peso, polo que as conclusións do informe estarán fundamentadas neses campos específicamente.

A análise e as opinións vertidas neste informe baséanse na documentación dispoñible e obtida polas canles previamente mencionadas e non nunha implementación directa de ditos servizos, polo cal toda valoración será puramente cualitativa.

AUTOR: Alfredo González González

Ver o informe completo