A Cátedra MN convoca unha nova edición dos seus premios

A nova edición dos Premios Cátedra MN ao Desenvolvemento de Proxectos Tecnolóxicos 2020/2021 busca premiar o desenvolvemento de probas de concepto que estimulen a capacitación, especialización e actualización de competencias de alumnado matriculado no curso actual en titulacións da rama de Enxeñaría e persoas recentemente egresadas da UVigo.

Os proxectos deben estar relacionados con algunha destas temáticas:

  • Desenvolvemento de chatbot por voz para verificación de información persoal obtida mediante programas rastrexadores
  • Desenvolvemento de apps de recoñecemento multibiométrico aplicado ás actividades empresariais, en particular ao control do horario laboral.

A presentación de solicitudes farase a través dun formulario online ata o 20 de novembro de 2020 (inclusive).

Máis información sobre os Premios Cátedra MN 2020/2021