A Cátedra MN en Emprendemento Tecnolóxico xa seleccionou os proxectos gañadores da edición 202/2021ao desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos, ambos deles realizados por estudantes do programa de doutoramento DocTIC da Universidade de Vigo.
Edward L. Campbell Hernández e José M. Ramírez Sánchez (poxecto e-Muse)
Andrés Felipe Arias Cárdenas (proxecto FaceClock)
Un dos proxectos premiados foi “e-Muse: axente intelixente para marketing dixital”, realizado por Edward L. Campbell Hernández e José M. Ramírez Sánchez, estudantes de DocTIC e investigadores de atlanTTic. Esta iniciativa procura axudar ás empresas galegas a contactar con potenciais clientes interesados nos seus servizos e produtos grazas a un axente dixital que contacta cos eles baseándose na comprensión da linguaxe natural de última xeración.
O outro proxecto premiado foi “FaceClock: Aplicación móbil de verificación biométrica para control de horario laboral”, realizado por Andrés Felipe Arias Cárdenas. Este proxecto desenvolve un sistema de control, xestión e programación a través da verificación facial pensado para o seu uso en empresas e que garante a identidade da persoa, e obtén o cómputo das horas totais, de forma semanal e a súa descarga nun ficheiro csv.