Os Premios Cátedra MN de Emprendemento Tecnolóxico na categoría “TFM” outorgaranse ao estudantado que cumpra estes requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2019/2020 no Traballo Fin de Máster nunha titulación da rama de Enxeñaría.
  • Realizar un traballo nas áreas tecnolóxicas de interese da cátedra:
    • Automatización e robótica de procesos
    • Identificación biométrica
    • Enxeñería lingüística e interfaces de voz
    • Técnicas avanzadas de intelixencia artificial
    • Xestión avanzada e masiva de datos (Big Data)
  • Defender o TFM antes do 31 de xullo de 2020

Contía dos premios

Entregaranse un total de 3 premios para Traballos Fin de Máster repartidos da seguinte forma:

  • 1º Premio: 600 euros
  • Dous accésit: 200 euros

Prazo de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 24 de xullo de 2020.
As persoas solicitantes deberán acceder ao formulario en liña e seguir as indicacións.

Formulario de solicitude

Consulta a convocatoria

Listaxe definitiva de premios